Evento: XXIII Festival de títeres de Redondela
XXIII Festival de títeres de Redondela
XXIII Festival de títeres de Redondela
Espectáculo de monicreques.
A nova edición do Festival internacional de monicreques de Redondela memorial Juanjo Amoedo chega en 2022 a Redondela a semana do 12 ao 17 de maio, volvendo á súa data orixinal, e contará con máis de 80 actividades de novo en formato presencial.
Este ano os seus organizadores queren volver traer ás rúas do pobo un programa intenso cheo de arte e teatro, para así coroar a Redondela como a capital dos monicreques. Para iso contarán coa participación de máis de 30 compañías procedentes de países como Italia, Francia, Israel, Eslovenia ou Arxentina. Tamén participarán agrupacións teatrais de toda España e Galicia, entre as que destacan Tanxarina monicreques ou Alakrán Monicreques.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festival