Evento: Néboa
Néboa
As súas cancións están escritas maioritariamente en galego. Con todo, Efe Lucas de Centi, cantante e líder da banda, remarca que o folclore tradicional non reside unicamente nos temas cantados en galego. Por iso, o disco está integrado por tres cancións en portugués, lingua coa que o compositor sente cómodo expresando.
Néboa formouse en 2012 e está integrada por cinco galegos, Aloia López Ferro, Jacobo García Lafuente, Tomás Porteiro Abuín, Sandra Pérez Míguez e Lucas M. Suárez de Centi. A traxectoria individual como percusionistas de gran parte dos seus integrantes, cargou de identidade a Néboa. Froito dos seus estudos, pódese gozar da súa exquisita percusión en temas como «Coidar dunhas colmeas», «Veña a chuvia» ou «Valente (folión)».
Máis eventos de tipo Concerto