Evento: Cabria para Normal
Cabria para Normal
" CABRIA PARA NORMAL é unha proposta para a cal, emulando as cabrias de Muxía, Diego Vites propón ocupar cunha grande estrutura de madeira a case totalidade do espazo expositivo de NORMAL, converténdoo nun lugar para a experimentación, nun proxecto que abordado desde diferentes disciplinas ten como obxectivo a análise e a observación das formas, dos materiais, dos movementos e dos usos que se dan nese proceso artesán para trasladalos ao campo da arte contemporánea.
CABRIA PARA NORMAL pénsase desde a fraxilidade do momento actual, un instante en que a etiqueta do popular toma direccións contraditorias, que desactivan para o pobo o valor da filiación cos seus sinais de identidade, desembocando nunha deriva folclorizante que promove a esaxeración dos rituais propios"