Evento: María Balteira
María Balteira
María Balteira, a bailadora primeira é un espectáculo que estimula nas crianzas o gusto e a curiosidade polo baile tradicional galego o tempo que achega os nenos e nenas ao Medievo, un momento chave para a lingua galego-portuguesa e da a coñecer, a través dunha obra de fición, a tres das figuras importantes da Idade Media en Galicia e Portugal, como son: O rei Afonso X o Sabio, o trovador Pedro Amigo e a máis famosa soldadeira, María Balteira.
Inculca o respecto pola natureza e a súa importancia para as nosas vidas por medio do Bosque das Artes que cultiva o Rei Sabio.
SINOPSE
Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e danza ambientada no Medievo.
O Rei Sabio vive no Bosque das Artes, onde cultiva a música, a poesía e o teatro; pero algo non vai ben: Nunha parte do seu bosque as plantas e as árbores non medran como deberían.
Pedro Amigo é mestre de música, e María Balteira a súa alumna, pero María soña con bailar. Un día cóntalle os seus soños a Pedro, este fica abraiado co xeito de bailar de María e pídelle que lle ensine a bailar.
A fama da bailadora María Balteira chega a oídos do Rei Sabio que lle escribe unha carta pedíndolle axuda para que o seu Bosque das Artes medre florido e fermoso.