Evento: Manifesto do Día Mundial da Poesía: Antón Reixa
Manifesto do Día Mundial da Poesía: Antón Reixa
O Festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela para apoiar a poesía en todas as súas expresións. O concello conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Alguén que respira!, o festival de poesía de Compostela, recupera na súa quinta edición o modelo de catro xornadas consecutivas e faino, ademais, ensaiando novas propostas monográficas. Así, este ano terá como eixo vertebrador Corpos, disidencias, desexo, lema que reunirá no Teatro Principal da cidade a boa parte das persoas que de maneira máis activa esculcaron na cuestión identitaria ao longo das últimas décadas. Sen dúbida, é unha oportunidade única de ver sobre un mesmo escenario personalidades tan singulares na poesía contemporánea como Elizabeth Duval, Teresa Moure, Luís Antonio de Villena, Ana Romaní, Carlos Callón, Luís Muñoz, María Castrejón, Xavier Queipo, Andrea Nunes, Daniel Asorey, Andrea Nunes ou Blanca Haddad, ademais de músicos cunha traxectoria tan poderosa como Rodrigo Cuevas ou Projecto Mourente.
Para asistir pódense retirar as entradas na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural de 11 a 14 e de 16 a 19 h. (teléfono 981 542 462). Tamén se poden retirar no despacho de billetes do Teatro Principal desde unha hora antes do comezo do recital (teléfono 981 571 026). Todas as actividades teñen carácter gratuíto ata esgotar aforo.
Máis eventos de tipo Festival