Evento: A recuperación da memoria histórica na literatura galega do S. XXI

A recuperación da memoria histórica na literatura galega do S. XXI
xoves, 24 marzo, 2022 - 19:30
Asociación Cultural Alexandre Bóveda,
A Coruña

A recuperación da memoria histórica na literatura galega do S. XXI

Conferencia sobre o papel da literatura galega na recuperación da memoria histórica.

Tras décadas de silencio público en torno ao pasado traumático colectivo, Galicia vive desde principios do século XXI inmersa nun boom de memoria que incuye o ámbito socio-político, o cultural, o artístico e mesmo o académico. A literatura, sobre todo a narrativa e o teatro, xogaron un papel fundamental neste fenómeno memorialista e han contribuído de maneira decisiva á configuración dunha memoria cultural galega da guerra civil e o franquismo.

Diego Rivadulla Costa é licenciado en Filoloxía Hispánica e graduado en Gallego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios pot a UDC. Doutor en Estudos literarios, actualmente é investigador posdoctoral no grupo ILLA da Universidade da Coruña.. 

Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña. Trátase dun espazo de divulgación e intercambio sobre temas de literatura e cultura galegas.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Charla e presentación do cómic "Gloria"
9 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Presentación do libro “Reflexiones de un felino en el aire”
20 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal