Evento: Recolectoras: Muller e terra- Proximidade Llunyana- Fotografías Centrípetas

Recolectoras: Muller e terra- Proximidade Llunyana- Fotografías Centrípetas
mércores, 12 xaneiro, 2022 a martes, 31 maio, 2022
Museo Provincial de Lugo,
Lugo

Recolectoras: Muller e terra- Proximidade Llunyana- Fotografías Centrípetas

Exposición da mostra itinerante en constante evolución.

'Recolectoras: Muller e terra' xunto a 'Proximidade Llunyana' e 'Fotografías Centrípetas' conforman o programa Mulleres Rurais coordinado por Encarna Lago. Unha colleita que parte de proxectos coma “Amar a mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas”, “Arquitecturas da memoria”, “Friol Lembra”, “Vencellos da memoria: Recuperar onde vivimos, reimaxinar onde viviremos”, “Culturas en diálogo”, “Ronsel de Futuro”, “Coñecelas é Recoñecelas”.

»Proximidade Llunyana

O proxecto pretende plasmar a dimensión espacial e temporal da emigración de Lugo a Barcelona no século XX, representada polo testemuño de mulleres que nos achegan á realidade do éxodo rural da posguerra. Conmemora a vida das mulleres que renunciaron a todo o seu universo coñecido polo desexo dunha vida mellor. O proxecto pretende revivir as súas historias, mostrando os museos como contedores e conectores da memoria colectiva e construíndo historias individuais que aporten unha perspectiva global de como a emigración afectou ás netas, nais e avoas.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n