Evento: Luis Pastor

Luis Pastor
domingo, 13 marzo, 2022 - 19:00
Teatro Jofre,
Ferrol

Luis Pastor

Concerto do cantautor.

A actuación será noacto homenaxe polo 50 aniversario dos sucesos acontecidos o 10 de Marzo de 1972 que organiza o Concello de Ferrol coa colaboración de CCOO
Se alguén quere coñecer en catro minutos o fenómeno da canción de autor en España, que non perda o tempo e escoite Que foi dos cantautores? O cantautor estremeño, que nunca renegou da súa condición, dá un repaso, en todos os sentidos, á historia da canción de autor desde os seus comezos nos 60 (“Eramos tan libertarios, case revolucionarios, inxenuos como valentes, barbilampiños riseiros…”) ata hoxe (“…Hai cantautor para longo. Cantautor ás túas cancións, Zapatero aos teus zapatos”) nunha canción lúcida, realista sen perder o sentido do humor e verdadeira crónica social dun tempo e dun país tantas veces ingrato e inxusto coa súa cultura. O cantante e músico Luís Pastor, coa súa dilatada traxectoria, é un referente non só da canción española de autor do últimos cincuenta anos, senón de toda unha xeración que despegou nos últimos anos do franquismo, e viviu os avatares deste país con toda a súa problemática social, económica e política. 

 

  • Luis Pastor - Borra de mí esta tristeza (acústicos SdMA)

Máis eventos de tipo Concerto

Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe
Moon Cresta
7 de xuño
Sala Guión