Evento: The Exploited
The Exploited
The Exploited é unha banda de hardcore punk de Edimburgo, Escocia, formada entre finais do ano 1979 e principios de 1980 activa ata o día de hoxe. A pesar de ser unha banda icónica do hardcore punk británico (tamén chamado UK82), ao longo da súa traxectoria pasou por diferentes estilos, empezando por un punk claramente influenciado polo chamado street punk nos seus primeiros EP e o seu disco debut de 1981, Punk's Not Dead, para logo decidirse polo hardcore punk que se convertería no seu selo distintivo durante a década de 1980 (destacando os álbums Troops of Tomorrow, de 1982, Let's Start A War..., de 1983, e Horror Epics, de 1984). Desde finais daquela década, o estilo da banda variaría cara a un crossover thrash a partir do LP Death Before Dishonour e continuando cos álbums The Massacre, Beat the Bastards e Fuck the System (1987,1990, 1996 e 2003 respectivamente).
Máis eventos de tipo Concerto