Evento: Fillos adolescentes: pais confundidos
Fillos adolescentes: pais confundidos
Cada vez máis nais, pais e educadores sentimos incapaces de afrontar os novos desafíos que supón educar aos nosos fillos. O uso do móbil, Internet, os videoxogos, WhatsApp e as redes sociais, o consumo intensivo de alcol e a aparición de novas drogas, supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que require unha reflexión profunda como sociedade. A miúdo preguntámonos que teñen na cabeza os nosos fillos e fillas adolescentes cando incorren en diferentes prácticas de risco, pero non menos importante é preguntarnos en que están a fallar familias, Administración e institucións. Un experto no ámbito da prevención de drogodependencias e condutas adictivas e da investigación social comparte en voz alta as súas reflexións nun intento de atopar algunhas das claves para entender e previr. O profesor Manuel Isorna Folgar da Universidade de Vigo, tentará nunha conferencia amena no Auditorio da Sede Afundación de Ferrol, que reflexionemos sobre este sempre difícil reto de educar.
Manuel Isorna Folgar é doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo. Desenvolveu o seu labor profesional como responsable de prevención de drogodependencias do Concello de Catoira durante 25 anos, polo cal que recibiu en 2012 o Premio Reina Sofía e en 2013 o premio da FEMP polas "Boas prácticas en Drogodependencias". Autor de numerosos libros e artigos científicos vinculados ao ámbito da educación, os adolescentes e o consumo de drogas. Exerce como presidente do comité organizador do Congreso Internacional sobre cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei. É profesor da academia galega de seguridade pública na cal se forman ás forzas de seguridade do estado en temas de drogodependencias e condutas adictivas.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso