Evento: Tonhito de Poi

Tonhito de Poi
domingo, 12 febreiro, 2023 - 12:30
O Lar das artes,
Vigo

Tonhito de Poi

Presentación do seu novo disco.

Un día no Mar de Antilles, un barco de arrastre no que estaba embarcado como cociñeiro, Tonhito de Poi soñou que era un Heredeiro dá Crus. Aquel soño converteuno nunha das figuras máis emblemáticas e decisivas da cultura galega contemporánea. Desde o galiñeiro de Poi (Riveira) onde ensaiaba a principios dos 90 ata as listas de éxito e os libros de texto que hoxe recollen a súa historia, o rock descarado e 100% galego de Tonhito e Vos Heredeiros foi un fito para a lingua, a música e toda a cultura popular do país.

Despúes de Vos Heredeiros, e doutras aventuras creativas como A Banda de Poi -coa que se situou na vangarda da escena musical lusa-galaica- ou Rosa Loba -formación contundente de guitarra, baixo e batería que pisou os escenarios de toda Galicia desde 2007-, Tonhito de Poi segue dándoo todo. En solitario, coa Sachadora (a súa inseparable guitarra) ou acompañado dunha banda de músicos, Tonhito practica varios xéneros e formatos artísticos: monólogos, contacontos, concertos rock, recitais acústicos, pregóns, ... Iso se, sempre baixo as mesmas premisas: textos atrevidos e auténticos, unha posta en escena espectacular e unha total falta de pudor.
O último espectáculo en solitario de Tonhito de Poi, que tamén traballa como guionista e patrón de altura, é A Pelo, un número inspirado no seu propio epitafio ( "nada trouxen, nada levo, nada perdín") no que tenta resolver o sentido da vida e demostrar que "onde hai pelo, hai alegría"

  • Tonhito de Poi • A mariñeira (Luar, 25/07/2015)

Máis eventos de tipo Concerto

El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
3 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria