Evento: Deleiba + The Broke
Deleiba + The Broke
Deleiba nace en 2017 ao unirse cinco músicos de Muros (Galicia) con experiencia previa noutros grupos como Trapos Sucios ou Mestre. En 2019 presentan o seu primeiro traballo El último eslabón con múltiples influencias de rock de grupos como Foo Fighters ou A Polla Records. En 2020 presentan o seu segundo traballo «MMXX», probando novos horizontes e evolucionando o seu característico son.
Deleiba é sinónimo de emoción en directo, destacando a actitude do seu vocalista e o claro protagonismo das guitarras. Xunto a unha forte base rítmica, preséntanse como unha aposta segura para eventos de rock.
The Broke é un proxecto musical que axunta rabia e emoción, bases rítmicas sólidas sobre as que descansan guitarras distorsionadas e unha voz potente. Rock clásico que soa moi actual.