Evento: Liberad al Kraken e Mitago

Liberad al Kraken e Mitago
sábado, 5 marzo, 2022 - 22:00
Pub Transylvania,
Vigo

Liberad al Kraken e Mitago

Concerto de folk rock.

Liberade ao Kraken é unha banda galega, de Pontevedra, que combina elementos do folk-metal e do punk-rock no seu repertorio. Está formada por cinco artistas: Jacobo Silva, Daniel Rodríguez, Leticia Viéitez, Enrique Lage e Nicolás Silva. Caracterízanse pola denuncia social das súas cancións e un directo moi explosivo e dinámico. A banda ten tres álbums publicados, e un dos seus últimos temas chámase «Lagoas«.

Doutra banda, Mitago é unha banda catalá de rock-folk que naceu en 2017. Tamén está composta de cinco integrantes: Toni Torres, Josep da Pena, Paola Medina, Roger Martínez e Daniel Laure. As súas letras tratan das andanzas e do camiño da vida, das lendas e os mundos de folclore galego. O seu último traballo, o que veñen promocionar a Vigo, chámase «Vive Ultreya».

  • Mitago - A Volar | Videoclip Oficial

Máis eventos de tipo Concerto

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
The Lemon Twigs
22 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior