Evento: Operación Marea Negra
Operación Marea Negra
Colombia foi a orixe, o Amazonas o inicio da viaxe, e Galicia o destino improvisado do primeiro narcosubmarino transoceánico interceptado en Europa. Esta é a historia real da fascinante travesía de tres homes que trasladaron a niveis de auga máis de 3.000 kg de cocaína durante vinte e oito días convivindo entre miseria. Pero tambien é a historia de Agustín, un excampeón de boxeo que baixou do cuadrilátero para converterse no capitán desta perigosa misión na que acabou involucrando aos seus amigos de Vigo, que non estaban chamados a ser protagonistas.
Operación Marea Negra é a crónica certeira e definitiva destes feitos. Un libro emocionante e exhaustivo en que o xornalista Javier Romero recolle os testemuños exclusivos de policías, xuíces, especialistas e testemuñas dun dos sucesos máis incribles na historia do narcotráfico en España.