Evento: Rastros

Rastros
sábado, 14 maio, 2022 - 20:30
Teatro Pastor Díaz,
Viveiro

Rastros

Proxección da película.

“Esther, a protagonista de Rastros, é unha muller descaradamente libre. Seguramente anticipada ós tempos de hoxe. Acostuma a dicir o que pensa e facer o que sinte, sen prexuízos. Intentou evitalos pero sen éxito. É un dos personaxes femininos máis interesantes que produciu a dramaturxia galega, unha libertaria finisecular que tería topado o seu lugar nas manifestacións feministas de hoxe. Rastros pivota sobre a súa liberdade e, ó mesmo tempo, polas debilidades que a fan muller galega do seu tempo”. ESTHER: Xa ves! O mundo é un pano cheo de mocos. E algúns deles son teus.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Baixo novos ceos
20 de xuño
Filmoteca de Galicia
Ojos negros
20 de xuño
Filmoteca de Galicia
Ojos negros
21 de xuño
Filmoteca de Galicia