Evento: Festival Vive Nigrán 2022- Iván Ferreiro
Festival Vive Nigrán 2022- Iván Ferreiro
Superado con éxito o reto da anterior edición de Vive Nigrán 2021, a organización, fiel ao seu espírito, regresa este 2022 coa 6ª edición do festival, que novamente se situará a escasos metros de Praia América, o seu incomparable escenario de cada verán no campo de fútbol de Monte Lourido.
O festival contará unha vez máis co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrella que busca reivindicar os encontros como algo esencial para vivir mellor, ademais do apoio do Concello de Nigrán.
O 15 de xullo Iván Ferreiro subirase ao escenario do Vive Nigrán acompañado pola súa banda habitual.
Teño ganas de cantar máis e de falar menos, di Ferreiro sobre Cancións 2022, un show especial e infalible onde soarán, ademais das cancións máis representativas dos seus 7 discos en solitario, algúns himnos da súa época en Piratas..
Iván irá acompañado pola súa banda habitual: Ricky Falkner (Love of lesbian, Egon Soda), Xabi Molero, Pablo Novoa (Golpes Baixos, A Banda de Leit Motiv), Emilio Saiz, Marta Toro e Amaro Ferreiro.
Máis eventos de tipo Concerto