Evento: Foco Agnès Varda | Curtametraxes#01: A Ópera-Mouffe / Ola, cubanos / Black Panthers / Resposta de mulleres: O noso corpo, o noso sexo

Foco Agnès Varda | Curtametraxes#01: A Ópera-Mouffe / Ola, cubanos / Black Panthers / Resposta de mulleres: O noso corpo, o noso sexo
martes, 8 febreiro, 2022 - 20:15
Numax,
Santiago de Compostela

Foco Agnès Varda | Curtametraxes#01: A Ópera-Mouffe / Ola, cubanos / Black Panthers / Resposta de mulleres: O noso corpo, o noso sexo

Proxección de catro curtametraxes.

A Òpera Mouffe
L'opéra-mouffe | Agnès Varda | 1958 | 16 min
A Opéra-Mouffe é o caderno de apuntamentos dunha muller embarazada no barrio de Mouffe (rue Mouffetard, en París). O mercado, os vagabundos e os borrachos. Imaxes onde quizais se sinta a tenrura de quen mira e filma ás persoas.

Ola, cubanos
Salut les cubains | Agnès Varda | 1963 | 30 min
Catro anos despois da chegada de Fidel Castro, Agnès trouxo 1.800 fotos de Cuba o que fai deste un documental educativo e entretido, Ola cubanos!

Black Panthers
Black Panthers | Agnès Varda | 1968 | 30 min
Documental do ano 1968 que parte do arresto de Huey Newton, un dos fundadores das Black Panthers, tras o suposto asasinato dun policía. O filme céntrase nas protestas que congregaron a máis de 5000 persoas, nas que se produciron durísimos enfrontamentos entre a policía e os manifestantes.

Respostas de mulleres: o noso corpo, o noso sexo.
Réponse de femmes: Notre corps, notre sexe | Agnès Varda | 1975 | 8 min
En 1975, o programa "F come femme" da canle televisiva francesa Antenne 2, lanza ao público a pregunta: Que é ser muller? Sete directoras esbozan unha resposta. "Réponse de femmes: Notre corps, notre sexe" é a resposta de Varda: unha curtametraxe de agit-prop (ou cine panfleto) que enfronta á sociedade patriarcal a través das testemuñas de múltiples mulleres.

  • Foco Agnès Varda | Curtametraxes#01: A Ópera-Mouffe / Ola, cubanos / Black Panthers / Resposta de mulleres: O noso corpo, o noso

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Mikey y Nicky
13 de xuño
Filmoteca de Galicia
La gran comilona
13 de xuño
Filmoteca de Galicia
Un italiano en Chicago
14 de xuño
Filmoteca de Galicia
La gran comilona
17 de xuño
Filmoteca de Galicia