Evento: Pioneiras da música galega. Pilocha: Alecrín e outras flores.
Pioneiras da música galega. Pilocha: Alecrín e outras flores.
Pilocha foi un dos artistas máis rompedores do seu tempo. Foi unha ponte entre a música galega dos anos 70 e as novas correntes musicais que chegaban doutras xeografías, introducindo novos sons, instrumentos pouco habituais ata o de agora na música galega como a batería, instrumentos eléctricos, etc. Foi en 1978 cando editou Pilocha o seu primeiro disco, de título homónimo, Pilocha, un disco que marcou un antes e un despois no devir da música galega, abrindo novos camiños musicais imprescindibles para o que hoxe é a música do país. Un disco que inclúe clásicos da música galega como Ou Sancristán de Coimbra ou Alecrín e que volverá tocar Pilocha con novos arranxos, novos sons dirixidos por Adrián Saavedra.
Máis eventos de tipo Concerto