Evento: Güeros
Güeros
Güeros
Proxección da película de Alonso Ruizpalacios.
O adolescente Tomás lanza desde un bloque de pisos unha bomba de auga que cae sobre un cochecito de bebé. Posto que o raparigo volveuse moi difícil de manexar, a súa nai mándao co seu irmán maior, que estuda na cidade de México. Tomás tróuxose un cassette consigo, parte da herdanza do seu pai, coa música de Epigmenio Cruz. Cando descobren que o seu ídolo está nun hospital agonizando, deciden saír no seu oxidado coche para presentarlle os seus respectos á vella estrela de rock.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual