Evento: Green Valley

Green Valley
sábado, 19 febreiro, 2022 - 22:00
Teatro Jofre,
Ferrol

Green Valley

Concerto de reggae.

Ander Valverde é a semente e Green Valley a planta.
O apelido evoca o que revela o nome do grupo: un val verde e próspero, unha contorna feliz. Seis músicos arabeses e cataláns traballan arreo desde 2004, para conservar este pequeno ecosistema musical, onde crecen o Reggae e o Dancehall. En Green Valley, a partir dunha sorprendente posta en escena, conviven letras reivindicativas e mensaxes positivas que contaxian e conciencian aos seus espectadores.
Despois dos seus primeiros concertos, moi ben recibidos polo público, o grupo cambiou de localización (Vitoria por Barcelona), para abrir a súa música a novos escenarios e cubrir coas súas xiras toda a xeografía española. Tras anos de cultivo metódico, germinó En tus Manos (2010), un primeiro disco cargado de Reggae, Roots e Dancehall, no que destacou a profundidade dalgunhas das súas cancións: Los Sueños, Relaja ou a Jungla. Desde aqueles primeiros brotes verdes, a súa evolución foi fulminante, reclamando a atención da crítica especializada.
Con La voz del pueblo (2012) e Hijos de la tierra (2014) a banda abre fronteiras e xira exitosamente por toda España, en festivais de renome como: Viña Rock, Arenal Sound, Weekend Beach, Rototom Sunsplash e festivais fortes tamén noutros países como o Jamming Festival (Bogotá) Colombia ou Reggae Ao vivo Festival Mexico D.F. A finais de 2015, actuacións en Arxentina e Chile confirman o florecemento.
Ahora (Marzo 2016) é o novo traballo de estudo que nos ofrece a banda. Un froito de primavera en forma de disco que fará que a mensaxe siga latexando e abrindo fronteiras. Bajo la Piel (Abril 2019)

  • Green Valley feat. Dub Inc - Déjate Llevar (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Saratoga
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ukestra do medio
24 de maio
Laroom
MJ Pérez
24 de maio
La Pecera