Evento: A Ruína

A Ruína
sábado, 21 outubro, 2023 - 20:00
Auditorio Abanca - Preguntoiro,
Santiago de Compostela

A Ruína

Espectáculo de humor.

A Ruína é un show no que tanto asistentes como convidados especiais comparten en público a súa anécdota máis embarazosa: aquela vez que a súa parella deixoulles por whatsapp, cando se durmiron nunha reunión importante, un malentendido cun taxista? A típica anécdota que os amigos sempre piden que contes nas ceas.
Na Ruína rimos, si, pero dalgunha maneira tamén facemos terapia de grupo ao ver que todos levamos un loser dentro.
Os cómicos e guionistas Ignasi Taltavull & Tomàs Fuentes conducen o show, acompañados dun invitado que lles axudará a comentar as anécdotas desa noite.
Polos micros da Ruína pasaron a compartir a súa miseria xente como Berto Romero, Facu Díaz, Marc Virou? E demostráronnos que absolutamente todos somos máis estúpidos do que nos cremos.
Cada show é diferente e impredicible, e cada vez conta con máis seguidores. Porque todos temos (como mínimo) unha ruína que o mundo merece escoitar.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés