Evento: 100 días con la Tata
100 días con la Tata
Os pais do actor Miguel Ángel Muñoz tiveron que recurrir á “Tata” (Luisa Cantero) para que coidase o seu fillo mentres eles traballaban. Desde entón, a Tata (97) e Miguel Ángel (38) nunca se separaron. Pero tras varias complicacións de saúde da Tata, Miguel Ángel decátase de que a súa historia de amor pode rematar e decide levar a cabo todas as cousas que ten pendentes de facer xunto a ela: un road trip, coñecer as orixes de Luisa e até rodar un filme xuntos. Unha aventura que se ve interrompida pola chegada da pandemia. Un xiro que, lonxe de entristecerlos, fará que ambos estean máis unidos ca nunca durante 100 días xuntos nun piso de 35m2. Pero que tamén forzará a Miguel Ángel a encarar o seu maior medo: a separación da persoa máis importante da súa vida.