Evento: Festival de Rondallas do Val Miñor

Festival de Rondallas do Val Miñor
domingo, 26 decembro, 2021 - 11:00
Alameda de San Campio,
Nigrán

Festival de Rondallas do Val Miñor

Participan como anfitriona a Rondalla de Santiago de Parada xunto ao Centro Cultural A Merced de Chaín e a Asociación de Veciños Galiñeiro Vincios.

O Concello de Nigrán e o C.C.R. Parada do Miñor ofrecen o domingo 26 de decembro desde as 11:00 horas un encontro de rondallas na Alameda de San Campio. Como anfitriona participa a Rondalla de Santiago de Parada xunto á do Centro Cultural A Merced de Chaín e a Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios. Pola súa banda, o tradicional pasarrúas da Rondalla de Santiago de Parada na mañá do día 24 posponse ata o día 30 ante a previsión de choiva. As rondallas son formacións musicais con gran raigame en todas as Rias Baixas e particularmente na comarca do Miñor, polo que o Concello de Nigrán desexa manter este certame ao aire libre e con todas as garantías sanitarias.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
Lóstrego
3 de setembro a 6 de setembro
Fórum Metropolitano