Evento: Sexy Zebras

Sexy Zebras
venres, 1 abril, 2022 - 22:00
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Sexy Zebras

Concerto de rock.

Sexy Zebras é unha banda de rock en castelán orixinaria do barrio de Hortaleza, Madrid (España). Con formación ao power trio, os seus compoñentes son: Gabriel Montes (Voz principal e baixista), Jose Luna (Guitarrista e voz) e Samuel Torío (Baterista e coros). 

Desde 2005, cando empezaron a xuntarse a tocar por hobbie, non deixaron nunca de crecer e dar concertos. Xa desde o primeiro momento e coas súas primeiras maquetas empezaron a tocar por todas as salas de Madrid e pronto polo resto de salas españolas con xiras auto-producidas das de durmir en furgoneta, sempre coa necesidade insaciable de crecer como banda e de expresarse.

Tras o lanzamento de "Volvamos a la Selva", o seu segundo longo, lanzado co seu propio selo discográfico (Vagabundos Records) e cunha traxectoria duns 300 concertos ás súas costas, destacando o seu paso polos grandes festivais españois (Dcode Festival, Arenal Sound...), o seu peche da praza do Trigo na pasada edición do Sonorama Ribeira (2014) ou a súa xira por México (Festival Marvin), podemos dicir que se están gañando con suor o respecto de público, medios e industria. 

  • SEXY ZEBRAS - Tonterías

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria