Evento: Quimera
Quimera
Quimera
Espectáculo da compañía Pablo Méndez.
Quimera é un espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía entrelázanse. Calquera ilusión, produto da psique, por improbable que pareza pode tornarse realidade. Pablo Méndez xoga neste espectáculo coa maxia buscando a sorpresa do espectador. Mediante unha linguaxe visual e acrobática esta viaxe fantástica estimula a imaxinación do público ata o final. Unha aventura que non che deixará indiferente.
Ligazóns