Evento: Ghost, O Musical

Ghost, O Musical
sábado, 26 febreiro, 2022 - 21:30
Palacio da Ópera,
A Coruña

Ghost, O Musical

Espectáculo musical.

O musical é unha produción orixinal dirixida por Federico Bellone, director artístico de espectáculos de recoñecida traxectoria internacional entre os que destacan Mary Poppins, en Italia, de Disney e Cameron Mackintosh.

O espectáculo conta cun elenco formado por 17 artistas. Ricky Merino interpreta o papel de Sam e a actriz Cristina Llorente dá vida á inigualable Molly. Christian Sánchez e Ela Ruiz interpretan ao amigo e compañeiro de traballo de Sam (Carl) e á enigmática Oda Mae, respectivamente.

Ademais, forman parte do musical: Joan Mais (no papel do ladrón chamado Willy López), Óscar Albert (a inquieta pantasma que rolda no metro), Esteban Oliver (a pantasma do hospital), Juls Eslamiada (Clara, irmá De Oda Mae), Nathaly Salim (Louise, irmá De Oda Mae), Patricia Serradell (Sra. Santiago), Sergio Escribano, Gerard Minguez e Francisco Gala (ensemble masculino) Elena González e María José Arcas (ensemble feminino). Como swings o espectáculo conta con Jose Miralles e María Moreno.

O espectáculo chega a Vigo tras dúas tempadas en Madrid cun rotundo éxito de crítica e público. O musical recibiu o Premio Broadway World Spain 2020 ao Mellor Musical e Cristina Llorente recibiu o de Mellor Actriz.

Con música en directo, o espectáculo conta cunha banda integrada por pianistas, batería, baixista e guitarrista baixo a dirección musical de Julio Awad que mergullará ao espectador no mítico pop/rock dos 90, sen esquecer a icónica Unchained Melody.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos