Evento: Ankhara

Ankhara
sábado, 12 febreiro, 2022 - 21:00
Pub Transylvania,
Vigo

Ankhara

Concerto de heavy metal.

Ankhara é un grupo español de Heavy Metal, con claras e marcadas influencias de Power  Metal e Metal Progresivo. Fundado en 1995, disolveuse en 2004 e en 2013 reúnese novamente.

En 1995  fórmase oficialmente en Madrid, onde comezan a percorrer o circuíto de pequenos locais da escena do metal e a gravar unhas maquetas. A primeira formación de Ankhara estaba formada por Antonio Piñeiro e Cecilio Sánchez ás guitarras, Sergio Matínez ao baixo, Jesús Alcalde á batería e Pacho Brea como encargado das voces. En agosto de 1997 comezan a saír de Madrid dunha forma máis frecuente, acompañando en varias ocasións a grupos como Medina Azahara ou Muro.

En 1998 son incluídos no festival itinerante por toda España DURO CO 98 onde actúan xunto a bandas como Knell Odyssey, Muro, Avalanch, Saratoga, Obús e Mägo de Oz, entre outros moitos. Outra xira importante prodúcese meses máis tarde, cando os asignan como grupo invitado para a xira do grupo Saxon por España.

Pouco despois, gañan o concurso organizado polo Concello de Pinto, localidade próxima a Madrid, o cal lles dá ás para meterse a gravar o seu primeiro disco.

  • Ankhara - Sueña (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu
THE KROWD - Trío
22 de agosto
Rúa dos Viños
Xira 25 aniversario
23 de agosto
Praza de San Sebastián
Concerto
24 de agosto
Paseo do Malecón