Evento: XXIV Festival Benéfico Cáritas Interparroquial de Arousa
XXIV Festival Benéfico Cáritas Interparroquial de Arousa
O nadal son datas para o recordo e para a nostalxia, tamén para acordarse dos que xa non están. É o caso de Francisco Fernández, que foi director de Cáritas durante máis dunha década, ata o seu repentino falecemento no mes de abril.
A organización á que tantas horas dedicou decidiu renderlle unha homenaxe e farao durante unha desas citas do ano que tanto gozaba: O Festival Benéfico. Será este domingo, 5 de decembro, no Auditorio de Vilagarcía, a partir das sete da tarde.
Aos asistentes só pediráselles un donativo á súa vontade, para axudar ás persoas sen recursos económicos que atende a entidade, hoxe dirixida por Mar Viqueira.
A organizadora do festival, Loli Piñeiro, anima á cidadanía para asistir a unha cita que servirá para recoñecer a traxectoria dun home que tivo sempre a man tendida cara aos máis vulnerables e que, ademais, caracterizábase polo seu bo humor e optimismo.
Máis eventos de tipo Festival