Evento: Nadal no Gaiás 2021: Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia con Marina Heredia

Nadal no Gaiás 2021: Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia con Marina Heredia
venres, 17 decembro, 2021 - 19:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Nadal no Gaiás 2021: Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia con Marina Heredia

Concerto de música clásica.

A Orquestra Sinfónica de Galicia abrirá a programación de Nadal na mesma tarde do acendido do alumeado no Gaiás, o venres 17 de decembro, nun gran concerto no que a agrupación estará dirixida polo seu director asociado, José Trigueros, e acompañada pola recoñecida cantaora Marina Heredia.

-José Trigueros: a súa sólida formación e o seu profundo coñecemento dunha orquestra desde dentro, grazas á súa longa experiencia como primeiro percusionista da Orquestra Sinfónica de Galicia, fan de José Trigueros un dos directores españois con maior proxección. Formado nos conservatorios de Valencia e Ámsterdam, Trigueros comezou os seus estudos de dirección de orquestra da man do mestre Bruno Aprea e posteriormente ampliounos no Conservatorio de Bruxelas con Patrick Davin.

-Marina Heredia: nada en Granada, filla do cantaor Jaime «El Parrrón», Marina Heredia comezou a cantar desde a súa infancia, colaborando con reputados artistas flamencos durante a súa carreira. A longo da súa traxectoria leva pisando os mellores escenarios a nivel nacional e internacional e é unha das artistas máis reclamadas para interpretar a obra de Manuel de Falla.

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes