Evento: Porco Bravo
Porco Bravo
Porco Bravo son unha banda de rock and roll que chega desde o mesmo centro das túas entrañas e está disposta a alcanzar o máis profundo do teu cerebro. Veñen para aloxarse no teu subconsciente e apoderarse da túa capacidade psicomotriz.
Porco Bravo soan igual que ecoa a matriz dunha troqueladora. Igual que a sirena que anuncia o cambio de quenda na acería. A súa música é ruído de tripas, a melodía da nosa rutina, ese berro que afogamos cada vez que nos deitamos, cansos, fodidos, sabendo que mañá hai que volver madrugar.
Porque Porco Bravo é rock and roll en suxeito plural, sen espaventos gratuítos, sen postureos, sen punteos para a galería. A súa música é auténtica porque non se disfrazan, porque se ispen e ensinan os cabeiros, porque viven pegados ao chan mentres nos axudan a voar con retrousos que pulsan esa angustia que só a música, por un segundo, axúdanos a supurar. Porco Bravo soan igual que gruñen as nosas conciencias cando nos quitamos a boceira.
Máis eventos de tipo Concerto