Evento: Mascada en concerto

Mascada en concerto
martes, 7 decembro, 2021 - 22:00
Sala Krazzy Kray,
Cambados

Mascada en concerto

Unha pandemia mundial e ducias de cancelacións non fixeron máis que alimentar a creatividade e empuxe da Mascada, que levan traballando durante todo este tempo no seu primeiro disco para, dunha vez por todas, botarse á carretera e non parar máis (ata que chegue a apocalipse zombi, canto menos)

O encerro enxendrou un espectáculo que non da lugar ao respiro, cheo de empuxe, decibelios e actitude. Un torrente de son no que non se botan en falta as carantoñas do guitarrista, as locuras do teclista ou o ego do cantante. Efectivamente, somos un baixo e unha batería, e ben nos chega para sonar frescos e facer un concerto de rock actualizado, que camiña cara o stoner e desprende certo aroma a anos 90. As cancións compoñémolas sen miramentos, sen pelos na lingua, en galego, berradas a dúas voces e direcas á meixela do público.

Máis eventos de tipo Concerto

Concertos nos barrios
26 de setembro
Rúa de Lisboa 10A
Depedro
4 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Bad Manners + The Eskarallas
15 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5