Evento: Bonnie Tyler
Bonnie Tyler
No seu afán por expandir as súas programacións, o festival Vilablues, que nas 6 edicións que leva realizadas, recalou en Vilagarcía de Arousa e Noia, fai agora escala en Santiago de Compostela para presentar na súa edición ?Vilablues no Barrio? a unha lenda do rock internacional como é Bonnie Tyler.
A actuación da cantante galesa, que será a única en Galicia, terá lugar o martes 7 de decembro (véspera de festivo) no Multiusos do Sar. O concerto é posible grazas a colaboración do Xacobeo 21-22 e da Xunta de Galicia, que seleccionou o proxecto coa máxima puntuación dentro da liña de axudas postas en marcha para paliar os efectos da crise do covid-19 nas empresas do sector musical.
Bonnie Tyler chega a Santiago para presentar o seu último disco, «The best is yet to come» (O mellor está aínda por vir), toda unha declaración de intencións que a artista galesa reafirma cando di: Estou moi feliz e orgullosa deste novo álbum. É simplemente rock pero debuxa un sorriso na miña cara cada vez que o poño. Espero que estas novas cancións levántenlles o ánimo. O momento no que poida ver as súas caras sorrintes será moi especial. Prometo que o mellor está por vir.