Evento: Cineuropa 2021 - El apego
Cineuropa 2021 - El apego
Cineuropa 2021 - El apego
Proxección da película de Valentín Javier Diment.
Arxentina, anos 70. Unha moza desesperada recorre a unha clínica que fai abortos clandestinos. Ao descubrir que está no seu cuarto mes de embarazo, a doutora négase, pero proponlle vender o bebé a uns clientes seus, ofrecéndolle refuxio na súa casa ata que o neno naza. As perturbadas personalidades de ambas as dúas mulleres tecerán unha estraña e perigosa relación.
Valentín Javier Diment (Bos Aires, Arxentina, 1967)
É integrante da produtora Películas V, ademais de guionista, realizador de televisión e docente. Foi editor da web Mabuse. Dirixiu películas como El sentido del miedo (2007), La memoria del muerto (2012), El eslabón podrido (2015) e El apego (2021).
Ligazóns