Evento: Apart en concerto
Apart en concerto
Apart nace no 2014 logo de que un grupo de amigos se xuntase para desfrutar xuntos da súa paixón en común. Grabar sesións no estudio, compoñer cancións e por suposto facer bailar ao público en concertos en directo. O grupo defínese como unha banda de rock-indie influenciada por sonidos característicos dos 70´s como o soul, a música disco e o rock máis clásico. Cunha visión actual, tratan de modernizar un estilo basado en riffs de guitarra e melodías vocales sencillas que conectan co público desde o principio. A voz de Inés destaca pola súa potencia e seu persoal timbre, que non deixa indiferente a nadie. O estilo do grupo está especialmente marcado polo son enérxico da guitarra. Ademáis, baixo, teclados e batería ben definidos completan as cancións e animan a moverse e bailar.