Evento: Grima en concerto
Grima en concerto
Grima en concerto
Grima nace en Pontevedra de man de Facundo Pardo (batería) e Laura García (baixo,voz) membros paralelamente de grupos como Monrovia, Montclair ou o colectivo de músicos Metamovida.
Tras unha primeira toma de contacto tocando de maneira informal en Litium Records deciden constituírse como banda e dar comezo á elaboración dunhas cancións que conxugan un estilo que oscila entre o grunge, o metal, o stoner, o punk e deixes de progresivo experimental. Unha mestura nova, fresca e difícil de encasillar.
Ligazóns