Evento: Abborn, tributo ABBA
Abborn, tributo ABBA
Abborn é unha formación musical procedente de Eslovaquia que levan dende 1999 rendendo tributo ao mítico grupo sueco ABBA. O grupo percorreu máis de 50 países, entre os cales se atopa Suecia, país orixinario da mítica banda. A formación coida o son e as voces, e ofrecen un concerto en absoluto directo. Pero no show tamén se coida a estética con cambios de vestiario, réplicas dos orixinais que tanta importancia tiveron na carreira musical de ABBA.
Países europeos como Francia, Alemaña, Irlanda, Portugal, Suecia ou España, e outros de diversos continentes, xa gozaron dalgún dos seus máis de 3000 concertos realizados desde a súa creación. Posiblemente esteamos ante un das mellores homenaxes a ABBA do momento.
O grupo representa aos actores principais, a través de artistas que lembran musical e vocalmente aos orixinais. Ademais de levar outros dous músicos acompañantes que completan unha formación de 6 artistas. Durante case dúas horas de concerto soan os principais éxitos do mítico grupo sueco. Coa dirección musical de Donald Dokupel, reputado músico eslovaco, e a artística de Helena Dokupelova, a formación ofrece un respectuoso show a lenda e a historia en torno ao grupo ABBA.
En España, a banda actuou en cidades como Madrid, Málaga, Vigo, Valencia, Selecta, Castelló, Palma de Mallorca, e outras moitas máis. Mesmo en escenarios e festivais relevantes, ao longo da súa traxectoria. O grupo leva 7 anos visitando de maneira continuada España, ofrecendo concertos por todo o país. Fano co espectáculo denominado DANCING QUEEN ABBA SHOW, e entre as citas deste ano post pandemia visitarán Ourense, Úbeda, Xirona ou Madrid. O ano complétano cunha nova xira por Suecia entre novembro e decembro, así como varios e importantes concertos en Francia.