Evento: Otero, a bailarina española
Otero, a bailarina española
Kirenia Martínez Acosta, directora da compañía, baila a peza curta "A bailarina española", sobre “La Bella Otero”, a famosa bailarina dos anos 20, galega, natural de Valga, nunha produción froito de ser a única coreógrafa galega seleccionada para o I Laboratorio de Creación Coreográfica da SGAE no 2019. Os reputados Daniel Doña e Teresa Neto colaboran nesta produción, concebida como un proceso de creación plural e colectiva entre a danza española, flamenca e contemporánea. Kirenia Martínez desenvolve, como bailarina á vez que coreógrafa, esta peza curta sobre o título dun poema do escritor cubano José Martí dedicado a "La Bella Otero", a través do corpo, a poesía de Branca Novoneyra e a música composta pola famosa compositora contemporánea La Shica. Esta coreografíaa deconstrúe a biografía de “La Bella Otero”, rescatando a súa identidade como muller emigrante, culta, mito erótico e artista de fama internacional.