Evento: Aphonnic

Aphonnic
venres, 20 maio, 2022 - 22:00
Sala Filomatic,
A Coruña

Aphonnic

Concerto de metal.

La Reina é o sexto disco editado polos vigueses Aphonnic. Un álbum coidado ao milímetro, con 11 cancións de calado emocional, letras punzantes e melodías incribles. O disco foi producido polo portugués Vasco Ramos, partícipe tamén dos seus dous discos anteriores, Indomables e Heroes. Este novo traballo está gravado entre os estudos Mafia Records en Carballiño, por Óscar Fernández, e os Poison Apple Studios en Lisboa, por Tiago Canadas. As 11 cancións foron mesturadas por David Bendeth, artífice de discos como Sempiternal de Bring Me The Horizon ou o mismísimo ?Riot? do grupo Paramore. O máster foi obra do sr. Ted Jensen, coñecido por realizar traballos de grandes grupos como Bring Me the Horizon, Korn, Parkway Drive, Machine Head, Biffy Clyro e un longo etcetera.

Desde o seu último lanzamento Indomables, o grupo puido levar a súa música a grandes festivais deste país como o Resurrection Fest, Viñarock, Download, Zlive, Shikillo Fest, IruñaRock, etc. Así como a moitas cidades da peninsula, deixando sempre un gran sabor de boca cun directo impecable.

  • APHONNIC "En Globo" (Videoclip)

Máis eventos de tipo Concerto

Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia
Picadiscos
11 de xullo
Campo da Festa de Urdilde