Evento: Remember Queen World Tour 2022
Remember Queen World Tour 2022
Remember Queen World Tour 2022
Concerto homenaxe a Queen.
Comeza unha nova tempada do espectáculo Remember Queen, o espectáculo homenaxe a Queen que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa. Os artistas de Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que utilizaban na xira do 86, sendo a última xira de Queen con Freddie Mercury en escena.
Recoñecidos temas como We are the Champions ou Bohemian Rapsody interpretaranse nun espectáculo de éxito internacional visto por máis de cincocentas mil persoas. Estará protagonizado polo mellor dobre do mundo de Freddie Mercury, o italiano Piero Venery, que ofrece unha impecable caracterización do artista.