Evento: Vegetal Contenido - Sandra Carvalho

Vegetal Contenido - Sandra Carvalho
xoves, 16 setembro, 2021 a venres, 12 novembro, 2021
Galería de Arte Luisa Pita,
Santiago de Compostela

Vegetal Contenido - Sandra Carvalho

Exposición de arte contemporánea.

A artista portuguesa e residente en Sevilla, Sandra Carvalho (1974), ocupa coa súa segunda exposición individual o espazo da Galería LUISA PITA, que se inaugura o próximo día 16 de setembro 2021 baixo o título "VEXETAL CONTIDO", e que se inclúe na programación da II Edición de ABERTO, evento co que comeza a nova tempada expositiva das Galerías que forman parte de CONTEMPORÁNEA, Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia.
 
En toda a súa produción Sandra Carvalho transmítenos o seu amor e admiración pola natureza tomando como referencia aquilo que considera fascinante e fermoso dentro do ciclo de vida das plantas, desde o nacemento e a floración á inevitable descomposición, e en cada obra a elección e a procura dos papeis utilizados complementan a delicadeza e o acabado do seu traballo no que nos convida a recuperar e a fixarnos nos pequenos detalles, a descubrir un mundo intimista e vexetal próximo que ás veces se nos escapa.
 
Cada peza esconde e revela o seu propio atributo, como o fai a mesma luz sobre todas e cada unha das cousas deste mundo. Cada peza está parida desde a máis sincera apertura sensible e contemplativa. Sandra sinálanos, si, e lémbranos a fugacidade do permanente cambio, sempre belo e inclusivo; pois luz e sombra son inseparables nunha vida que se desprega fácil, co único propósito fiable de Ser o que se É.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións