Evento: Ailá en concerto
Ailá en concerto
Ailá en concerto
Andaina e concerto de música tradicional pertencente ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022.
O concerto forma parte dunha actividade que comeza cunha andaina entre o Dolmen de Cabaleiros e Pedra Longa. A actividade insírese no proxecto O Camiño que nos une. Andainas pola cultura e o patrimonio da Comarca de Ordes, coorganizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Fondo Xacobeo 2021-2022, AGADER e o GDR ASDECOMOR.
Reservas en https://reservas.gal/
Descargas