Evento: Negro púrpura

Negro púrpura
luns, 27 setembro, 2021 - 22:00
Numax,
Santiago de Compostela

Negro púrpura

Proxección da película de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva

Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpurea: Galicia. Este fungo alucinóxeno, que brota nos cereais, ábrenos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante na evolución da cultura e da economía de Galicia no s. XX. Desde os campos galegos chegan historias espalladas que nos deixan un gusto amargo a pan de centeo, historias que repercuten traspasados os océanos. Unha cortiza que garda un pedazo delirante.