Evento: Demoler Weekend- Palito
Demoler Weekend- Palito
domingo, 12 setembro, 2021 - 20:30
Fábrica Galician Brew- Rúa Chan de Gandara,
Ponteareas Demoler Weekend- Palito
Concerto da cantautora pontevedresa Alba Redondo.
Desde 2011 dáse a coñecer por todas as salas e todos os pobos de Galicia, entre outros puntos da Península, acompañada pola guitarra e a experiencia dun excelso Zahorí (Javier López de Guereña) e cun puñado de cancións cheas de frescura, enxeño e sinxeleza. No medio do delirio, o berro: Liberdade! O 12 de setembro 2014 presentou o seu primeiro disco no Teatro Rosalía de Castro, A Coruña, e o 18 de outubro no Teatro do Barrio en Madrid. Seleccionada dentro do circuíto promocional AIEnRuta-Artistas subvencionado por AIE (Asociación de Artistas Intérpretes ou Executantes Sociedade de Xestión)...
Hai que ir vela para crela.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto