Evento: Festival Millo Verde: High Paw + María Ruiz & La Mare
Festival Millo Verde: High Paw + María Ruiz & La Mare
High Paw é unha singjay (cantante e MC) de Vigo naceu en 1993. A súa faceta de escritora comeza a tomar forma aos quince anos e entre parques e escenarios libera a súa voz influenciada polas grandes cantantes da música negra, pero nunca privando ao oído dos estilos máis variados.
Os sons de outrora sorpréndena desde pequena e espertan nela un especial interese pola música de raíz Jamaicana, a súa mensaxe e instrumentación. Nas sesións a vinilo ou en jam sessions, compartindo vibras, evoluciona o seu estilo movéndose entre o Soul máis libre e o estrito Rub-A- Dub.
Co paso dos anos adapta as súas letras a unha selección de ritmos diversos e baixo a produción de Nuh Face Records. compón o seu primeiro traballo con líricas orixinais Searching for the Recipe, gravado no estudo vigués The Dub Yard onde ela traballa de continuo. Durante varios anos High Paw presenta este disco co seu dj Nahno Selectah, a corista Laura Mercy e coa súa banda Elephants Yard por salas galegas e escenarios do resto da península.
En novembro de 2018 realiza unha xira con? Ofer Selectah? por México que a leva as varias cidades do país, presentando a súa música á escena máis potente do país.
Máis eventos de tipo Festival