Evento: Fiv Vilalba: Melenas + Dani + Momboi

Fiv Vilalba: Melenas + Dani + Momboi
venres, 17 setembro, 2021 - 18:00
Praza da Constitución,
Vilalba

Fiv Vilalba: Melenas + Dani + Momboi

Concerto de pop-alt.

Melenas son un grupo de Pamplona formado por Oihana (guitarra e voz), Leire (baixo), María (teclado) e Lauri (batería). As compoñentes formaron parte doutras coñecidas bandas de Pamplona como son Río Arga, Ginkas, Delmonos, Panty Pantera. A súa música é unha mestura de pop, punk, garage e psicodelia, exquisitas cancións de garage pop adictas ao reverb e as brillantes melodías, lisérgicos temas de certeiras guitarras, sección rítmica potente e acedos teclados que che envolven con narcótica dozura, brumosas composicións de espírito velvetiano que combinan maxistralmente o garage pop máis vibrante coa psicodelia máis planadora, luminosas pílulas pop de letras ensoñadoras, fantásticas instrumentacións e emocionantes melodías, un primeiro single que promete un próximo álbum cheo de boas composicións e que estamos seguros gustará a todos os amantes do garage pop e a psicodelia.
Entre as súas influencias poden estar grupos como Velvet Underground, Marine Girls, Television Personalities, Holy Waves, Thee Oh Sees, Panty Pantera, Exmozos, Almanaque Zaragozano...

  • Melenas - Ya no me importa

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos