Evento: Albariño no Camiño: Sabela
Albariño no Camiño: Sabela
O “Albariño no Camiño” por fin chega a Cambados cheo de propostas como o concerto que ofrecerá Sabela o día 3 de setembro. Unha nova data dentro da intensa xira de verán que está a levar á cantante galega por todos os recunchos de Galicia. Segue presentando o seu álbum ‘Despedida’, aínda que nos seus concertos podemos gozar dalgunhas versións sorprendentes. Os shows en directo de Sabela son unha viaxe que nos leva a través das raíces da artista que mestura a tradición e un estilo máis contemporáneo.
As entradas físicas pódense recoller a partir das 16:00 h do día 26 de agosto na Biblioteca Municipal de Cambados en horario de 8:30 h a 20:30 h de luns a venres e de 8:30 h a 14:30 o sábado. Tamén se poden solicitar de maneira telemática na dirección: biblioteca@cambados.es