Evento: Unha historia verdadeira

Unha historia verdadeira
mércores, 1 setembro, 2021 - 17:45
Numax,
Santiago de Compostela

Unha historia verdadeira

Proxección da película de David Lynch.

Baseada nun feito real ocorrido en 1994,'Unha historia verdadeira preséntanos a Alvin Straight (Richard Farnsworth), un home de 73 anos que tras enviuvar vive coa súa filla Rose (Sissy Spacek), unha moza discapacitada. O seu estado de saúde non é moi bo: ten problemas de visión, non pode andar ben por culpa da cadeira, sofre un enfisema e ultimamente está sufrindo desmaios estraños.

Cando recibe a nova de que o seu irmán, Lyle (Harry Dean Stanton), co que leva dez anos de inimizade, sufriu un infarto, a pesar do seu precario estado de saúde, decide ir velo a Wisconsin. Para facelo terá que percorrer uns 500 quilómetros, e faino no único medio de transporte do que dispón: unha máquina cortacéspede.

  • Unha historia verdadeira

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Pura
Nai + Véxote + Pura
23 de xullo
Casa da Cultura Olga Novo
Pura
Nai + Véxote + Pura
26 de xullo
Auditorio Cuartel Vello
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra