Evento: Festival dos Eidos: BabyKatze + Xico de Cariño

Festival dos Eidos: BabyKatze + Xico de Cariño
sábado, 28 agosto, 2021 - 14:00
Fundación Uxío Novoneyra,
Folgoso do Courel

Festival dos Eidos: BabyKatze + Xico de Cariño

Festival de música electrónica, folk e fusión.

BABYKATZE

Entrelaza imaxe e música creando un personaxe ás veces etéreo, ás veces caótico, sempre sorprendente, cunha mensaxe propia e tremendamente atractivo. Cunha presenza en escena única e de carácter performático, o seu directo é hipnotizante.

Xico de Cariño

Entre centos de músicos, concertos, encontros, festivais ou iniciativas, a presenza militante de Francisco Pena Villar, Xico de Cariño, é unha constante desde os anos 60. Xico é unha personalidade singular, que foi punto de conexión de José Afonso con Galicia, desde os anos 70 cando se coñeceron en Paris, ata a homenaxe de 1986 no Parque de Castrelos, organizada polas Asociacións Culturais, Mocidades Musicais e o xornal Nosa #Terra. No limiar de entrar na súa oitava década, Xico ten no forno o que será o seu primeiro disco propio, coas constantes do seu repertorio galego e luso-brasileiro orbitando ao redor da harmónica, o seu instrumento máis amado.

  • BABYKATZE - Eternal

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos