Evento: Mon Band

Mon Band
sábado, 12 marzo, 2022 - 22:30
Sala Búnker,
A Coruña

Mon Band

Concerto de rock.

Mon comeza a súa andaina musical a finais de 1999, cando forma Lombardi, banda que é fichada por Warner Music. Nesta formacion, publica un disco, Lombardi Un e realiza unha xira por toda España, con artistas da talla de Weezer, The Cranberries e Dover.

Tras a disolucion da banda, Mon é fichado por Xesten Feiser Records, e emprende a súa carreira en solitario, co disco Aprendiendonos, que conta con Afasto Estivel como produtor, e coas colaboracións de Ivan Ferreiro e Preguiza..

A principios de 2018, a raiz de coincidir actuando nun evento no Ensanche Music Club Vigo, coñece a Gorio Alvarez, guitarrista de Galo Vermello, e xunto ao percusionista Cristian Rodriguez, decide crear Mon Band. Tras meses de intenso traballo e longas horas de ensaio, nace o seu primeiro disco Xoguemos a Telo Todo, con Luís Antelo como produtor musical e gravado en EstereoArte Estudos. Neste disco colaboran antigos compan?eros de Mon en Lombardi, como Javi Pacheco e Guillermo Deiaz do Riou, e artistas como Iva?n Ferreiro, Marta Toro, Eladio Santos, Fei Rock e Nuria Cora.

O primeiro single do disco Xoguemos a Telo todo, chámase Ra?pido e veloz, onde colaboran con Mon Band, as voces de Nuria Cora, Fei Rock, e Javi Pacheco e os arranxos ao teclado de Marta Toro.