Evento: La Comuna II / La Commune II

  • La comuna II
La Comuna II / La Commune II
venres, 6 febreiro, 2015 - 20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

La Comuna II / La Commune II

Cinta reivindicativa e de denuncia contra os poderes establecidos.

Francia, 2000

Dirección: Peter Watkins. Guión: Peter Watkins e Agathe Bluysen. Producción: 13 Production, La Sept Arte, Museo de Orsay. Fotografía: Odd Geir Saether.

Intérpretes:  212 habitantes de distintas zoas de Francia e inmigrantes sen papeis do Norte de Africa.

Dur.: 345 min.

Na Comuna de París de 1871 os acontecementos seica non son como os relata a canle de televisión “oficial” de Versalles. Mais unha pequena televisión, a “comunal”, si tenta contar a verdade. Polo momento, o último e espectacular filme do británico Peter Watkins (1935): a construción dun apaixonante percorrido pola historia moderna a través da sonada sublevación dos comuneiros. Rodada con actores non profesionais que explican tamén as súas vidas e impresións, fronte ao “reloxo universal” da industria, un traballo colectivo monumental do que xurdiron valiosas experiencias. 

 

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Documental Anna Turbau
A mirada de Anna
31 de xullo
Museo do Castro de Viladonga
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra